22 ene 2013

A pedra de María Luisa

Por fin temos noticias novas… Unha das nosas astronautas escritoras, María Luisa, foi capaz ela soa de recoller outra historia que era aínda descoñecida. Agora, por sorte, xa está no interior da nave:

  • A pedra e a viaxe, de María Luisa Sáinz Calviño. Trátase da continuación dunha historia de María Pardo, que ela mesma realizara a partir dun conto de Vanesa Bouzas. Así que as nosas historias nunca desaparecerán, pois reviven sempre.

A estraña pedra

14 dic 2012

As novas escritoras

Ainara foi a primeira nena en presentar un conto sen que ninguén llo pedise. E agora son Melody e María, porque así son as escritoras: escriben libremente un montón de páxinas.

  • O mundo de Ismaíl é a historia que imaxinou Melody. En realidade, habería que dicir que foi descuberta por ela, porque é unha boa exploradora. Talvez antes soubo dun vello conto, Ismaíl o diminuto
  • A historia O regreso de Drago foi creada por María. Resultou toda unha gran sorpresa, xa que nos dixo que é a continuación do conto Ismaíl e Drago. O sorprendente é que foi escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007, e que tamén era unha amiga de Ismaíl. Creo que María, se decatarse, ofreceunos un novo proxecto…

Drago atopou a María!

10 dic 2012

Ainara e o primeiro conto persoal

Estamos lendo algunhas historias de Ismaíl, que hai tempo chegaron ás miñas mans. Pero o máis sorprendente é que eles tamén son capaces de descubrir outras das súas historias, que nin eu mesmo coñecía. Ainara, por exemplo, é a descubridora da seguinte…

Había una vez un gnomo que se llamaba Ismaíl. Un día fue a dar un paseo con su perro Gustavo.
A Ismaíl  le apetecía ir al bosque para visitar a su amiga Fátima, pero a Gustavo le apetecía más ir al parque a jugar con la pelota.
Entonces, le dijo Ismaíl a su perro…

Ler máis

escanear0001

28 nov 2012

A pequena fábrica de historias

Na nosa aula de 6º B temos unha pequena fábrica de historias, non hai ningunha dúbida. Estes contos, que son os últimos da terceira experiencia, son unha bonita mostra: falan de medos e perigos, pero tamén de amores e aventuras. Así e todo, o importante e a escritura e aprender a escribir, non que sexamos uns artistas. Iso xa se verá máis adiante…

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

Maria Pardo (2012)

27 nov 2012

Do home lobo ao lagarto mutante

Con estas historias e as do post anterior, xa usamos as ideas do caldeiro máxico para imaxinar e escribir. Tamén prestamos un atención especial ás fórmulas marabillosas. E como novidade, incluímos por primeira vez o xogo creativo das palabras poderosas. Despois dunha consulta na aula, acordouse que cada equipo, se así o escollían os seus membros, podería introducir nas súas historias dúas desas palabras: perla e lagarto.

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

Andrea Moreno (2012)

24 nov 2012

Unha canción para o proxecto

María Silva é a realizadora deste vídeo, que xa coñeces. E temos o seu permiso para usalo, o que lle agradecemos moito. En Portugal tamén foi utilizado noutras escolas para unir as xentes a as súas culturas. E Nostromo, nas súas viaxes pola Terra e o universo, quen sabe o que atopará?

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

23 nov 2012

O rei Tritón e outros contos

Por fin, as historias de quinto xa están publicadas, e así Nostromo poderá navegar polos outros mundos que hai que descubrir. Porque o compromiso é non deixar ningún conto, e tampouco abandonar a ningún tripulante. Pero debemos esforzarnos todos, os alieníxenas están aí fóra e teñen moi mala pinta…

Ricardo Vzquez (2012)