Mostrando entradas con la etiqueta María. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta María. Mostrar todas las entradas

8 may 2013

O regreso de Drago

Pasaron máis de tres meses desde que se publicaron as últimas historias, e aparecemos de novo. Porque houbo algúns problemas, aínda que a tripulación seguiu recollendo historias novas. Ademais dalgunhas que non se publicaron, e doutras que foron inventadas de forma voluntaria, na aula agora se crean historias cos dados de Story Cubes. Pero regresamos, por fin. E o facemos coa continuación dun famoso conto que xa está aquí. O texto completo é o seguinte:

Rory's Story Cubes

7 feb 2013

Más cuentos en la cuarta fase

La cuarta fase del vuelo supersónico de Nostromo llega a su fin. Además de los cuentos ya publicados, en esta nueva colección hay realmente de todo. Creatividad, fantasía y, sobre todo, mucha imaginación…

[Artefacto empregado: O caldeiro máxico]

A escribir se aprende escribiendo...

14 dic 2012

As novas escritoras

Ainara foi a primeira nena en presentar un conto sen que ninguén llo pedise. E agora son Melody e María, porque así son as escritoras: escriben libremente un montón de páxinas.

  • O mundo de Ismaíl é a historia que imaxinou Melody. En realidade, habería que dicir que foi descuberta por ela, porque é unha boa exploradora. Talvez antes soubo dun vello conto, Ismaíl o diminuto
  • A historia O regreso de Drago foi creada por María. Resultou toda unha gran sorpresa, xa que nos dixo que é a continuación do conto Ismaíl e Drago. O sorprendente é que foi escrito por Vanesa Bouzas no ano 2007, e que tamén era unha amiga de Ismaíl. Creo que María, se decatarse, ofreceunos un novo proxecto…

Drago atopou a María!

28 nov 2012

A pequena fábrica de historias

Na nosa aula de 6º B temos unha pequena fábrica de historias, non hai ningunha dúbida. Estes contos, que son os últimos da terceira experiencia, son unha bonita mostra: falan de medos e perigos, pero tamén de amores e aventuras. Así e todo, o importante e a escritura e aprender a escribir, non que sexamos uns artistas. Iso xa se verá máis adiante…

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

Maria Pardo (2012)

17 nov 2012

A fada, Rubén o pitufo e outras historias

Aínda que xa están case preparados os terceiros contos que se recolleron en Nostromo, os segundos non foran publicados. Imaxináronse a finais do pasado curso, pero hoxe algúns deles son mostrados aos nosos lectores… Agardamos que vos gusten!

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Hector Folgar (2012)

15 nov 2012

Outros contos primeiros

Este post é a continuación de Os primeiros contos. Así que todo o se dicía nel sobre os protagonistas das historias, tamén serve para esta entrada…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Clara Rivas (2012)