Mostrando entradas con la etiqueta Daniel. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Daniel. Mostrar todas las entradas

5 feb 2013

O voo supersónico de Nostromo

Ao parecer, existen informacións que din que a nosa nave está logrando unha velocidade supersónica. Con cada nova historia que recolle, a súa rapidez en todo o Universo resulta incrible. Talvez esaxeremos un pouco, pero coas tres historias de Ismaíl que veñen, hai que ter coidado. Sobre todo cos desexos…

[Artefacto empregado: O caldeiro máxico]

Debuxante: Sara - Ilustradora: Meritxelll

24 nov 2012

Unha canción para o proxecto

María Silva é a realizadora deste vídeo, que xa coñeces. E temos o seu permiso para usalo, o que lle agradecemos moito. En Portugal tamén foi utilizado noutras escolas para unir as xentes a as súas culturas. E Nostromo, nas súas viaxes pola Terra e o universo, quen sabe o que atopará?

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

22 nov 2012

Novas aventuras de Ismaíl

Outra serie de historias que se corresponden coa segunda experiencia, do curso anterior, e que aínda non estaban publicadas nin foran antes compartidas. En cada unha delas hai un protagonista principal: Ismaíl. E por se acaso alguén pregunta, recoñezo que non sabía nada destas aventuras…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Meritxell Regueira (2012)

14 nov 2012

Os primeiros contos

Non hai ningunha historia sen protagonista, e ás veces incluso son varios os personaxes importantes. Por iso, as súas características poden ser moi diversas: nenas e nenos, sereas mariñas, a Lúa e o mesmo Sol, piratas, ananos e gnomos, meigas e bruxas, fadas e princesas, a familia, os amigos, mariñeiros, labregos e viaxeiras...

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Gloria Uzal (2012)
Nota: Estas sorprendentes historias foron creadas case ao final do curso 2011-2012, no quinto nivel de primaria.