Mostrando entradas con la etiqueta Salva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Salva. Mostrar todas las entradas

15 may 2013

Máis historias de Ismaíl

Teño que contar unha cousa, e teño que facelo xa. A Ismaíl sorpréndenlle todas as historias que descubrides e nas que el é un protagonista. Porque como ten tantos anos, moitas das cousas que se contan, el xa non as lembra, e por iso aparécenlle moitas dúbidas. De verdade foi así? Realmente son tan marabillosas…

Coloreado por María

7 feb 2013

Más cuentos en la cuarta fase

La cuarta fase del vuelo supersónico de Nostromo llega a su fin. Además de los cuentos ya publicados, en esta nueva colección hay realmente de todo. Creatividad, fantasía y, sobre todo, mucha imaginación…

[Artefacto empregado: O caldeiro máxico]

A escribir se aprende escribiendo...

24 nov 2012

Unha canción para o proxecto

María Silva é a realizadora deste vídeo, que xa coñeces. E temos o seu permiso para usalo, o que lle agradecemos moito. En Portugal tamén foi utilizado noutras escolas para unir as xentes a as súas culturas. E Nostromo, nas súas viaxes pola Terra e o universo, quen sabe o que atopará?

[Artefacto empregado: As palabras poderosas]

22 nov 2012

Novas aventuras de Ismaíl

Outra serie de historias que se corresponden coa segunda experiencia, do curso anterior, e que aínda non estaban publicadas nin foran antes compartidas. En cada unha delas hai un protagonista principal: Ismaíl. E por se acaso alguén pregunta, recoñezo que non sabía nada destas aventuras…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Meritxell Regueira (2012)

15 nov 2012

Outros contos primeiros

Este post é a continuación de Os primeiros contos. Así que todo o se dicía nel sobre os protagonistas das historias, tamén serve para esta entrada…

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Clara Rivas (2012)

14 nov 2012

Presentación

Esta é a historia dunha nave espacial que se chamaba Nostromo. Levaba como cargamento unha chea de historias e contos que recollía en cada unha das súas viaxes por todo o Universo.

Un día, alguén fíxolle un encargo moi estraño: viaxar ata Marte para recoller certas historias que estaban perdidas por aquela zona da nosa galaxia. Nostromo aceptou con ganas o encargo, pero alí atopouse cunha sorpresa moi mala. Había un alieníxena, que aproveitou a súa aterraxe para meterse no interior da nave e conseguir o seu obxectivo. Que non era outro que roubar todas as súas historias.

Debido a ese perigo, Nostromo solicitou a axuda da famosa "banda de 5º B", e que vivía nun mundo chamado O Burgo, no concello de Culleredo, en Galicia, nos confíns de España. Tratábase dun grupo de nenos e nenas que se esforzaban moito no CEIP Isaac Díaz Pardo, e que, ao final, venceron ao alieníxena, logrando así unha gran victoria.

Nostromo puido entón salvar todas as historias perdidas e seguir facendo felices a un montón de lectores, e a moitos nenos e nenas do mundo enteiro.
E aquí remata esta historia, que é máis longa ca unha cenoria...

Salvador Porto Dopico
xuño, 2012

A tripulacin de Nostromo

P.D.: Agora, cando empezamos este blog para gardar todas as nosas historias, aquela famosa “banda” xa está en sexto de primaria…