Mostrando entradas con la etiqueta Iago. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iago. Mostrar todas las entradas

9 may 2013

Gloria e Iago tamén contan

Outras dúas historias que aínda estaban sen publicar. Menos mal que temos a man a nosa nave Nostromo, pois sen ela segura que xa estarían perdidas.

Ismaíl e o seu tío Nasrudín, de Gloria

5 feb 2013

O voo supersónico de Nostromo

Ao parecer, existen informacións que din que a nosa nave está logrando unha velocidade supersónica. Con cada nova historia que recolle, a súa rapidez en todo o Universo resulta incrible. Talvez esaxeremos un pouco, pero coas tres historias de Ismaíl que veñen, hai que ter coidado. Sobre todo cos desexos…

[Artefacto empregado: O caldeiro máxico]

Debuxante: Sara - Ilustradora: Meritxelll

23 nov 2012

O rei Tritón e outros contos

Por fin, as historias de quinto xa están publicadas, e así Nostromo poderá navegar polos outros mundos que hai que descubrir. Porque o compromiso é non deixar ningún conto, e tampouco abandonar a ningún tripulante. Pero debemos esforzarnos todos, os alieníxenas están aí fóra e teñen moi mala pinta…

Ricardo Vzquez (2012)

17 nov 2012

A fada, Rubén o pitufo e outras historias

Aínda que xa están case preparados os terceiros contos que se recolleron en Nostromo, os segundos non foran publicados. Imaxináronse a finais do pasado curso, pero hoxe algúns deles son mostrados aos nosos lectores… Agardamos que vos gusten!

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Hector Folgar (2012)

14 nov 2012

Os primeiros contos

Non hai ningunha historia sen protagonista, e ás veces incluso son varios os personaxes importantes. Por iso, as súas características poden ser moi diversas: nenas e nenos, sereas mariñas, a Lúa e o mesmo Sol, piratas, ananos e gnomos, meigas e bruxas, fadas e princesas, a familia, os amigos, mariñeiros, labregos e viaxeiras...

[Artefacto empregado: As fórmulas da marabilla]

Gloria Uzal (2012)
Nota: Estas sorprendentes historias foron creadas case ao final do curso 2011-2012, no quinto nivel de primaria.